Ir al contenido principal

Día Internacional do Patrimonio Mundial 2017 REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

Día Internacional do Patrimonio Mundial 2017
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

O Día Internacional do Patrimonio Mundial celébrase en todo o mundo o 16 de novembro, data sinalada pola UNESCO para chamar a atención sobre a conservación e posta en valor dos nosos bens patrimoniais. Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo conmemoran esta data reivindicativa convocando a toda a cidadanía da provincia de Lugo a ‘sentir’ o ‘seu’ patrimonio.

CONVOCATORIA:
MOSAICO PATRIMONIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Entendemos o patrimonio dun maneira global, desde o persoal (fotos, obxectos, memorias... do ámbito individual ou familiar) ata o patrimonio comunitario, sexa este natural, paisaxístico, arquitectónico, documental, material ou inmaterial, relixioso ou civil,  de propiedade privada ou de xestión pública. Cremos que o patrimonio precisa o alento, a mirada e o afecto humanos; ou se humaniza ou non ten valor.
A Deputación de Lugo a través dos museos da Rede Museística convoca a toda a cidadanía residente (sen exclusións de idade) nos 67 concellos que conforman a provincia de Lugo a participar na elaboración dun gran mural colectivo onde se reflicta  a riqueza patrimonial  existente en toda a nosa xeografía.
Dirixímonos especialmente ao mundo escolar, colectivos culturais e concellos pedíndolles que promovan entre o alumnado e profesorado, socios e socias, veciños e veciñas  ese “sentir’ o patrimonio como algo propio e como alicerce imprescindible da nosa forma de ser. Solicitamos que nos remitan aos respectivos enderezos electrónicos dos Museos da Rede unha fotografía onde se reflicta ese patrimonio ‘sentido’. Con todas as imaxes recibidas compoñeremos un gran mosaico patrimonial en cada un dos Museos da rede.
Como participar
Estas fotografías enviaranse unha a unha, cun tamaño de aproximadamente 1 MG, indicando en cada caso nun breve texto o lugar e demais datos identificativos da fotografía, así como a autoría (nome, apelidos  e DNI). Fárase constar de forma expresa que se ceden os dereitos de reprodución á Rede Museística.
O prazo de envío destas fotografías comeza o 16 de novembro e remata o día 10 de decembro. Os mosaicos amosaranse ao público a partir do día 18 de decembro, Día Internacional da Migración.
Museo Provincial de Lugoinfo@museolugo.org
Museo Provincial do Marmuseodomar@museolugo.org
Museo Fortaleza San Paio de Narlasanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Pazo de Torpazodetor@museolugo.org

+ info: Xerencia da Rede Museística

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati